cartel-Feria

Abaetetuba, Pará (Brasil) del 27 de moviembre al 1 de diciembre de 2017

.

Este domingo Alicia e Paula regresaron de Brasil, da cidade de Abaetetuba pertencente ao estado de Pará. Alí participaron na VIII Mostra de Ciências e Tecnologia dá escola AÇAI- MCTEA. As nosas dúas alumnas viñeron coas maletas máis cargadas do que as levaron xa que se trouxeron o PRIMEIRO PREMIO da súa categoría, na área de ciencias exactas, e a credencial para participar na GENIUS OLYMPIAD 2018 da Universidade Estatal de Nova York en Oswego, en xuño de 2018. Que n nos ía a dicir que un traballo realizado no colexio, sen máis pretensións, na súa orixe, que as aprender ciencias chegaría tan lonxe?

.

.

Parabén e felicidades ás gañadoras e moito ánimo a todos os/as mozos/as científicos/as do colexio Josefinas de OurenseDe feito, sete novos proxectos de dezaoito alumnos/as de 2º e 3º de ESO acaban de ser admitidos para participar nos XIX Premios Luís Freire dos Museos Científicos da Coruña, cuxa final terá lugar o 28 de abril de 2018 na Domus de A Coruña. A calidade do aire da nosa cidade, os compostos orgánicos tóxicos dos nosos fogares, o WhatsApp aplicado ao ensino das ciencias, os fluídos viscoelásticos, as oleorresinas, a calidade da carne que consumimos e as lengüetas dos instrum entos vento madeira son os temas dos próximos traballos. Ata onde chegarán esta vez os/as nosos/as científicos/as?

.

Anuncios