Mércores 22 de novembro de 2017.

Primeira xornada da Galiciencia. Hoxe foi día para a montaxe dos stands e primeiras exposicións. Os xurados, os compañeiros doutros centros e todas as visitas -espéranse máis de 2000 nos tres días do certame- empezaron a interesarse polos traballos.

.

.

Os protagonistas deste evento, a maior feira de ciencias de Galicia, son eles, os pequenos científicos. Este ano os alumnos do colexio San José-Josefinas de Ourense participan por primeira vez pero veñen de defender os seus traballos en Barcelona (abril de 2017) en Madrid (xuño de 2017) e Éibar-Ermua (outubro de 2017). Alguén coma eles non podían pasar por Galiciencia sen facerse unha foto no fotocol, como as grandes estrelas:

Pero hoxe tamén foi un día moi especial porque recibiron a visita dos seus compañeiros de clase e os seus profesores que, a pesar de que xa sabían do seus traballos, nunca os viran defendelos nunha feira de ciencias. Os alumnos de 3º de ESO co colexio tamén puideron asistir a conferencias e obradoiros sobre astronomía, o tema central da Galiciencia deste ano.

.

galiciencia2017-191

.

Xoves, 23 de novembro de 2017.

Outro día máis de Galiciencia.

Continúan as exposicións. Xurados, público e compañeiros interesados polos nosos traballos e nós tamén nos acercamos a outros stands para coñecer os proxectos cos que compartimos Galiciencia.

.

.

Recibimos a felicitación do equipo de Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre polo excelentre taballo realizado a quen lle dedicamos o traballo:

.

radiovoz

Venres, 24 de novembro de 2017.

A Galiciencia chegou ao seu fin. Tres días de convivencia, duro traballo e moitas cousas aprendidas: aprendemos dun xeito práctico a desenvolver o método científico, sabemos defender un traballo con claridade, perdimos o medo a falar en público…

.

.

Como todos os anos a Galiciencia non remata ata facer a foto de familia.

galiciencia2017-60

Próxima cita: XIX Exporecerca Jove de Barcelona:

expo-02-med

Anuncios